Friday 03 de May de 2024

O Concello de Vimianzo licita as limpezas e reparacións urxentes nas 14 parroquias


O valor estimado do contrato ascende a 148.760,34 euros
 O Concello de Vimianzo licita as limpezas e
reparacións urxentes nas 14 parroquias do municipio. O valor estimado do
contrato ascende a 148.760,34 euros.
Entre os labores que se realizarán, atópanse o servizo de saneamento e
limpeza en áreas urbanas e rurais, desbrozamentos nas vías secundarias,
servizos de reparación e mantemento nas estradas, servizos de
mantementos de árbores, eliminación de maleza e poda, servizos de
limpeza e varrido de rúas, limpeza de sumidoiros, vaciado de sumidoiros,
limpeza de pintadas e limpeza de aparcadoiros.
O prazo de presentación de ofertas remata o 6 de maio de 2020. A forma
de adxudicación do contrato será o procedemento aberto e tramitación
ordinaria no que todo o empresariado poderá presentar unha proposición.
A adxudicación realizarase empregando unha pluralidade de criterios de
adxudicación en base á mellor relación calidade-prezo.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, sinala que “trátase dunha partida moi
importante do noso orzamento adicado a tarefas esenciais en todo o
termo municipal, e melloraremos infraestruturas de cara á reapertura das
condicións normais da vida, logo do estado de alarma”, di a rexedora.